ABANCA e os comerciantes da Estrada asinan un convenio para impulsar os negocios locais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Estrada
A-
A+

ABANCA e a Asociación de Comerciantes da Estrada (ACOE)-Centro Comercial Aberto veñen de asinar un novo convenio que reforza a súa colaboración e permite facilitar o crédito a autónomos e pemes da localidade.

O presidente da Asociación de Comerciantes da Estrada, Alfredo González Otero, e o director de zona de ABANCA en Deza, José Manuel Ruibal Suárez, rubricaron hoxe un acordo que renova a aposta que mantén a entidade financeira co tecido empresarial do interior da provincia de Pontevedra.

O convenio facilita que os emprendedores asociados a ACOEaccedan a condicións melloradas na contratación de produtos como pólizas de crédito, préstamos persoais e hipotecarios, leasing mobiliario, avais ou liñas de desconto. O documento asinado tamén pon a disposición dos empresariosa comercialización de produtos específicos da entidade como Crediventa ou compras especiais (a través dastarxetas de crédito) para dinamizar a actividade mercantil.

Os profesionais pertencentes a esta asociación tamén se beneficiarán de tarifas personalizadas naalta eo mantementode Terminais no Punto de Venda (TPV) e poderán acceder ás vantaxes que ofrece a Conta Solucións Autónomos ePemes. Deste xeito, a cambio dunha mínima vinculación coa entidade, poderán gozar da exención das comisións básicas de conta, tarxetas e operacións máis usuais.

A entidade tamén porá a disposición de todos os asociados xestores especializados en materia de seguros ou banca electrónica. Desta maneira, dende as oficinas de ABANCA facilitarase a información relativa ásopcións de financiamento a través do convenio asinado coa Deputación de Pontevedra, así como outros convenio do ICO, Igape e SGR.

ACOEnaceu no ano 1998 o promoveu a creación do Centro Comercial Aberto no 2003, co obxectivo de mellorar o desenvolvemento local e a competitividade. Na actualidade agrupa os intereses de máis de 150 autónomos e empresas da localidade pontevedresa e promoveu neste tempo a creación de tarxetas regalo e a tarxeta de puntos aestradaPlus.ABANCA centraliza as súas operacións na localidade a través de dúas oficinas, unha delas con horario estendido.

4 de novembro de 2014 | 18:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.