A Xunta expón as súas reformas administrativas nun foro en París
A directora de Avaliación e Reforma Administrativa, Natalia Prieto destacou hoxe a importancia das diversas medidas e reformas que está a levar a cabo o goberno galego para conseguir unha Administración máis eficiente, eficaz e áxil tanto para os traballadores coma para os cidadáns.
Natalia Prieto participou hoxe en París nunhas xornadas nas que foi convidada pola OCDE, adicadas á “Implantación da mellora regulatoria a nivel subnacional”, onde agradeceu poder participar e debater neste importante foro as principais reformas que se están implementando nas administracións públicas da Unión Europea e compartir a experiencia da nosa comunidade coma pioneira de moitas das reformas que se están levando a nivel estatal.
Segundo relatou a directora xeral, a comunidade galega foi pioneira en levar a cabo unha profunda reforma que redundou nunha redución do gasto e da súa estrutura, nunha maior eficacia e eficiencia, na eliminación de duplicidades e fundamentalmente na procura dun mellor servizo aos cidadáns.
Esta reforma contén melloras de carácter continuo centradas na modernización da Administración autonómica, e vertebradas en torno a ámbitos fundamentais como a transparencia, a eficiencia no gasto, a reducción de trámites, a gestión de recursos humanos, o aproveitamento do potencial tecnolóxico, a simplificación das estruturas administrativas, ou a mellora do marco regulatorio, entre outras. Múltiples iniciativas que converxen, segundo explicou Natalia Prieto, nun único propósito final que é mellorar a xestión e incrementar a calidade dos servizos e prestacións que reciben os cidadáns da nosa comunidade.
Na súa intervención, a directora xeral relatou que unha das medidas nas que a Xunta está a traballar con maior intensidade refirese á reestructuración da administración paralela, grazas á cal implantaronse medidas de supresión e melloras en 160 entidades, e unha vez rematado o proceso 97 organismos serán eliminados, o que supón, polo de agora, un aforro de 51 millóns de euros anuais para as arcas galegas. Galicia converteuse así na primeira Administración Pública en revisar e someter a exame a todos os seu entes instrumentales.
E por ultimo,entre outras medidas, Natalia Prieto relatou a posta en marcha do sistema de licitación e facturación electrónica, a factura electrónica, o Plan de Mellora da contratación pública aprobado o pasado mes de xuño para optimizar o gasto e fomentar a autoprovision e a contratación centralizada.











