A Xunta amosa o seu apoio aos traballadores Factoría Naval e agarda que se garanta o seu futuro
O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, mantivo hoxe un encontro co comité de empresa de Factoría Naval e a alcaldesa de Marín, María Ramallo, aos que lle trasladou tanto a súa confianza para que se poida garantir o futuro do estaleiro como o apoio por parte do Goberno galego aos traballadores.
Neste sentido, o titular de Economía e Industria sinalou que o proceso debe garantir a continuidade e a viabilidade do proxecto, permitindo retomar a actividade no menor espazo de tempo posible.
Conde salientou o esforzo levado a cabo polos traballadores durante os últimos anos e avogou tamén porque o proceso no que está inmerso a empresa contemple o mantemento dos postos de traballo xa existentes, impulsando o futuro dun estaleiro cunha importante capacidade para xerar riqueza e emprego na comarca.











