A web do Concello de Monforte recibiu 84.000 nos dez primeiros meses do ano

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonforte de Lemos
A-
A+

A web do Concello de Monforte, www.monfortedelemos.es, rexistrou 84.031 visitas durante os dez primeiros meses do ano 2014, segundo os datos ofrecidos polo servizo de estatísticas de Google (Google Analytics) e os obtidos do servidor de “hosting” onde está aloxada a web municipal.

Datos Xerais

Durante este período a páxina contou con 43.346 usuarios únicos, e dicir, persoas que accederon, polo menos unha vez, ós contidos da páxina web. O total de páxinas vistas foi de 305.484, e o número de sesións ou visitas ascendeu a 84.031.

Fonte de Tráfico

Estas visitas producíronse dun xeito directo, e dicir, introducindo o nome da páxina, en 16.346 ocasións; a través do buscador Google, 43.371 veces; a través de Facebook en 13.244 ocasións; e a través de Twitter en 1.272 ocasións. Outros accesos á páxina producíronse a través de Bing, Yahoo, Praza.gal, etc…, así como desde páxinas de diversos medios de comunicación.

Contidos

No que se refire ós contidos máis visitados entre tódolos que ofrece a web obtemos os seguintes datos:

Páxina principal: 77.339 visitas

Actualidade/novas: 53.758 visitas

Turismo: 24.298 visitas

Especial Festas: 19.616 visitas

Concello: 15.294 visitas

Perfil do Contratante: 10.265 visitas

O resto de contidos móvense entre as 9.619 visitas á sección Mercados de Monforte e as 2.099 de Servizos Sociais. Entre ambas, e por orde de maior a menor número de visitas, sitúanse os apartados de Procesos Selectivos, Taboleiro de Anuncios, Deportes, Cultura, Especial Feira Medieval e Plenos Municipais.

Procedencia

En canto ós lugares de onde proceden as visitas á web do Concello, a gran maioría pertencen a España, aínda que tamén as hai do resto do mundo, especialmente países europeos e americanos.

No que se refire ós lugares, das 80.626 visitas realizadas desde España, destacan Lugo con 18.224, Ourense con 17.454, Madrid con 12.159, A Coruña con 6.519, Vigo con 4.052, Santiago con 4.022, e Barcelona con 3.701. Outros lugares de procedencia das visitas son, de maior a menor, León, Pontevedra, Oviedo, Bilbao e Valencia, todos eles por riba das 500 visitas.

En canto ó resto do planeta, o maior número de visitas procede de USA, Reino Unido, Brasil, Portugal, Francia, Alemaña, Arxentina e Suíza.

Perfil dos/das Usuarios/as

Se falamos do perfil das persoas usuarias da web www.monfortedelemos.es, temos que sinalar que o 54 % son homes e o 46 % mulleres. En canto ás idades, as persoas entre os 25 e os 34 anos representan o 33,5 % dos usuarios; as de entre 18 e 24 anos son o 27, 5 %; as que teñen entre 35 e 44 anos supoñen o 15,5 %; as de entre 45 e 54 anos representan o 12,5 % dos visitantes; e as de entre 55 e 64 supoñen o 5,50 %, ó igual que as persoas maiores de 65 anos.

A transferencia de datos que rexistrou a web durante os dez primeiros meses do ano en curso foi de 2.350 Gigabytes, cunha media mensual de 23,5 Gigabytes.

Facebook e Twitter

O número de usuarios/as da páxina do Concello na rede social Facebook rexistrou un gran incrememento ó longo dos dez primeiros meses do ano. O día 1 de xaneiro tiña 1.534 usuarios/as, mentres que o 31 de outubro contaba con 3.300 usuarios/as. O alcance máximo dunha publicación nesta rede foi de 6.779 persoas.

A maior parte dos usuarios/as residen en España (3.139), pero tamén os hai en Arxentina, Portugal, Brasil, Reino Unido, USA, Francia, Suíza, México e Alemaña. En canto ás localidades que teñen maior número de usuarios/as, Monforte está á cabeza, seguida de Ourense, Lugo, Barcelona, A Coruña, Madrid, Vigo e Santiago.

Do número de persoas ás que lle gusta a páxina de Facebook do Concello, un 65 % son mulleres e un 35 % son homes. Respecto á franxa de idade que máis visita esta páxina, resulta ser a mesma tanto en mulleres como en homes: entre 35 e 44 anos, 19 % de mulleres e 10 % de homes; entre 25 e 34 anos, 17 % de mulleres e 9 % de homes; e entre 45 e 54 anos, 12% de mulleres e 7 % de homes.

En canto a Twitter, o Concello conta actualmente con 1.187 seguidores e o número de publicacións é de 1.912.

27 de novembro de 2014 | 13:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.