A veciña da Laracha, Blandina Marta, cumpre 104 anos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Laracha
A-
A+
Entrega de agasallos a Blandina Marta

Entrega de agasallos a Blandina Marta

A persoa de maior idade de todas as que están empadroadas no Concello da Laracha é Blandina Marta Ramos, que o pasado día 3 de novembro cumpriu os 104 anos de idade.

A señora Blandina reside coa súa filla Ana Calvete no lugar de A Teixoeira, na parroquia de San Román de Cabovilaño. Festexou o aniversario con varios membros da súa familia, entre eles outra das súas fillas, netos e tamén a súa bisneta Noa, que aos once anos de idade está a estudar música e regaloulle á súa bisavoa unha interpretación en violín do Cumpleaños feliz.

A lonxevidade de Blandina Marta posibilitou que na familia convivan cinco xeracións, xa que conta con tres fillas, nove netos, sete bisnetos e catro tataranetos. Gran parte deles residen desde hai anos en Suíza e Inglaterra.

O alcalde, José Manuel López Varela, en nome do Concello da Laracha, obsequiou a Blandina Marta e á súa familia cunha placa conmemorativa e un ramo de flores.

6 de novembro de 2014 | 20:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.