publicidade hoxe

A última fase de escavacións en Armea descobre unha nova domus romana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAllariz
A-
A+

O Concello de Allariz presentaba, esta mañá, en Armea a nova fase escavada baixo a dirección dos arqueólogos David Pérez e Celso Barba en colaboración coa brigada de obras municipal.

Segundo explicaba David Pérez “continuose a escavación baixo os parámetros adquiridos no ano 2012 na Finca da Atalaia (lugar escavado por Conde Balvís)”. Nesta segunda etapa os arqueólogos descubiron unha nova unidade familiar ou “domus romana” coas súas estructuras habitacionais e un patio exterior cuberto “ que datan posiblemente dos séculos I, II e III”. Na zona, ademais, acháronse pezas de vidro galaico-romano, cerámica fina ou sigilata, cerámica común (aparellos de cociña) e tamén algunhas pezas de tear. Estes achados están sendo estudiados e serán expostos no Museo Arqueolóxico.

O Alcalde, Francisco García, expresaba a vontade do Concello de Allariz de seguir traballando na mesma liña que ata o de agora “o vindeiro ano redactaremos un plano director no que se plantexarán as prioridades no referente ás escavacións” xa que segundo afirmaba “é un elemento importante na recuperación e dinamización económica de Santa Mariña de Augas Santas.”

4 de novembro de 2014 | 19:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.