A tregua dada pola chuvia permite comezar o plan de asfaltados de Vilagarcía polas rúas da periferia
O Concello quixo aproveitar a curta tregua que as choivas deron neste principio de semana para poder comezar o Plan Municipal de Mellora da rede viaria. Dada a curta duración dos prognósticos de tempo seco, optouse por comezar o asfaltado polas rúas máis curtas e de menor intensidade de tráfico, de xeito que se poidan acabar antes de que regresen as precipitacións. Os traballos iniciáronse onte na rúa Magnolio, en Trabanda Badiña.
De manterse o tempo seco durante toda a xornada de hoxe, Covsa, a adxudicataria do Plan calcula que o asfaltado da Rúa Magnolio podería completarse hoxe mesmo. As predicións metereolóxicas auguran choivas a partir de mañá, polo que, aínda que é moi probable que os traballos non poidan continuar, o plan marcado é continuar pola Avenida de Matosinhos, para interferir canto menos no tráfico e poder rematala en pouco tempo.
O Plan de Asfaltados tiña estaba previsto que comezase a principios de novembro pero a chegada das precipitacións impediu o seu desenvolvemento ata onte. Os traballos, que afectarán a boa parte do cento urbano, foron expostos aos comerciantes e hostaleiros das zonas polas que discorrerán, a efectos de que planifiquen as labores de carga e descarga e informen aos seus clientes.
O cambio realizado para aproveitar o tempo seco destes días simplemente supón o inicio dos traballos polas dúas rúas da periferia nas que estaba previsto actuar: Rúa Magnolio e Matosinhos. Cando se rematen estas dúas, e sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan, o plan de traballo desenvolverase tal como estaba previsto, comezando pola rúa San Roque.
Os traballos desa xornada iniciaranse de mañá á altura do cruce de Santa Eulalia para rematar na confluenza con Edelmiro Trillo (enlace do colexio das monxas). A segunda xornada traballarase no extremo oposto da Praza da Independencia, entre o cruce de Gumersindo Nartallo coa rúa San Roque ata o cruce de Padre Feijóo con Edelmito Trillo (á altura da farmacia do edificio Lara). O firme desta última (dende o final da Praza de España ata a confluenza con Padre Feijóo) retocarase o terceiro día.
Na cuarta xornada procederase ao asfaltado do último tramo da rúa Padre Feijoo, Praza de Galicia, Arcebispo Lago e o treito de Alexandre Bóveda comprendido entre a cafetería Musgo e a Rúa Castelao. O plan continúa coa mellora do firme de Conde Vallellano. A sexta xornada de traballo, a do mércores actuarase no tramo da Avenida da Mariña que vai dende o inicio da Alameda (onde o párking Cavadelo) ata o inicio da Praza da Peixería e, ao día seguinte está previsto o asfaltado das vías que circundan a rotonda do Cavadelo (fronte á Comisaría da Policía). A última xornada completarase o asfaltado no treito que vai dende esta rotonda ata a de Valle Inclán (a dos xulgados). Tamén se actuará nun tramo de Doutor Tourón e noutro de López Ballesteros.
O pintado de pasos de peóns e sinalización máis importante realizarase rúa a rúa, xusto por detrás do asfaltado. O pintado total de liñas de circulación, unha vez rematado a mellora en todas as vías e acometerase en conxunto.
Case 300.000 euros de investimento
O Concello decidiu destinar unha importante partida do Plan de Investimentos Municipais de 2014 ao necesario Plan de Mellora do Firme da rede viaria urbana. O proxecto foi adxudicado a Covsa por importe de 272.632 euros e implementouse con varias melloras ofertadas pola propia empresa. Á primeira é que ás rúas e tramos sinalados no documento sumarase o asfaltado doutros 5.500 metros cadrados que asume a firma, o que permitirá acondicionar o firme doutros tramos urbanos e redundará en beneficio dos cidadáns sen custe engadido para as arcas municipais. realización de fresado, rego con adherencia e pavimentación), tamén inclúe a maiores o pintado das marcas viarias nunha superficie total de 450 metros cadrados (isletas, pasos de peóns…), o pintado de 1.000 metros lineais de liñas viarias, así como a execución de dous pasos de peóns elevados a maiores dos recollidos no documento.











