A tempada de cros continúa para a Sociedade Ximnástica co Belarmino Alonso

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesPontevedra
A-
A+

O vindeiro domingo pola mañá en San Andrés de Comesaña, celébrase o tradicional Campo a través Belarmino Alonso, no seu 36 edición.

Unha vintena de atletas da Sociedade Ximnástica, estarán no circuíto de Muíños para non poderse unha cita obrigada no calendario galego de campo a través.

O ano pasado o equipo masculino da Sociedade Ximnástica levou a vitoria e ademais o combinado de mozos sub19 foi terceiro; será complicado repetir a vitoria dos mozos, pero seguramente atletas como Iván Docampo, Jorge Puig ou Carolina Santos; pelexarán por unha vitoria na súa respectiva categoría.

Ás dez e cuarto da mañá comezarán as carreiras das categorías Sub19 (xuvenil e júnior), as carreiras seniors serán ás 11:00 horas, os homes e 11:45 as mulleres e desde as 12:15, até as 13:30; terán o seu protagonismo as carreiras menores, desde os benxamíns aos cadetes.

27 de novembro de 2014 | 18:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.