A secretaria xeral de Igualdade e o alcalde de Tui inaugurarán as I Xornadas contra a Violencia de Xénero no municipio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTui
A-
A+

O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, xunto a secretaria xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Susana López Abella, inaugurarán o luns, 24 de novembro, ás 16.30h, no salón de sesións da Casa do Concello de Tui as I Xornadas contra a Violencia de Xénero de Tui.

Esta actividade celebrarase ao longo da tarde organizadas polo propio Concello de Tui xunto á Garda Civil e o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade O acceso é libre ata completar o aforamento.

Ás 17h María Paz Pérez Asorey, xefa da Unidade contra a violencia sobre a Muller da subdelegación do goberno abordará nunha conferencia “As funcións das Unidades de Violencia de xénero”.

Ás 17.50h o “Protocolo de actuación da Garda Civil nos casos de violencia de xénero” será o tema a abordar por parte de Javier Quiroga Paredes, sarxento da Unidade Orgánica da Policía Xudicial. De seguida Yolanda Muíño Vilar, subinspectora da Unidade de Estranxeira e Documentación Tui-Valença falará da “Estranxeira e Violencia de Xénero”.

O xuíz decano de Tui e titular do Xulgado nº1 con competencia exclusiva en violencia sobre a muller, Marcos Amboage López ofrecerá o relatorio “A denuncia coma último recurso na violencia de xénero”. Ás 19.40h está prevista unha mesa redonda sobre a “Intervención de mulleres e menores vítimas de violencia de xénero” na que intervirán policías locais, psicólogas, educadoras familiares e traballadora social do Concello de Tui. Ás 20.30h haberá un coloquio entre os asistentes ás xornadas para proceder a súa clausura ás 21h por parte do subdelegado do Goberno en Pontevedra, Antonio Coello Bufill.

21 de novembro de 2014 | 18:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.