A renovación das pistas de tenis de Fontecarmoa correrá a cargo de Mondo Ibérica

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

A empresa especializada en equipamentos deportivos, Mondo Ibérica, será a encargada de renovar as pistas centrais de tenis do complexo multideportivo de Fontecarmoa. A oferta desta firma foi a que obtivo a maior puntuación en canto á relación calidade-prezo, de entre as catro propostas que optaron á realización das obras que se adxudicaron por 56.615 euros.

A renovación das canchas de tenis de Fontecarmoa forma parte das actuacións de mellora das instalacións e infraestruturas deportivas que está a levar a cabo o Concello nos últimos anos. Esta actuación en concreto financiánse con cargo ao Plan de Investimentos dos Orzamentos Municipais de 2014.

A substitución do tapiz de tres das catro tres pistas de tenis de Fontecarmoa vén xustificada polo deterioro que sofre o pavimento actual como consecuencia do desgaste provocado polo normal uso das mesmas. Este desgaste provoca molestias e impide a práctica deportiva nas condicións idóneas.

O proxecto prevé a retirada do céspede artificial existente e a súa retirada a un vertedoiro autorizado. A continuación procederase a limpeza da soleira de formigón con sistema de auga a presión e, si fora necesario, con resina de poliuretano. Unha vez preparado a zona de asento, colocarase o novo céspede, composto por fibras artificiais de polipropileno de 12 milímetros indicadas para pistas de alta calidade, rendemento e durabilidade. Para a correcta instalación, calcúlase un aporte de area de entre 15 e 16 quilos por metro cadrado. A actuación rematarse co pintado das liñas e marcas das canchas de tenis tanto para o xogo de individuais como de dobres. O proxecto ten un prazo de execución de dous meses.

27 de novembro de 2014 | 13:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.