publicidade hoxe

A primeira xornada da tapa micolóxica en Lousame terá lugar na Taberna-Café A Do Panadeiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLousame
A-
A+

A Taberna-Café A do Panadeiro (O Sanguinal – Tállara) acollerá este venres 14 de novembro, a partir das 20:00 horas, a I Xornada de Tapa Micolóxica de Lousame. Unha iniciativa que foi presentada esta tarde pola tenente de alcaldesa e concelleira de Medioambiente, María José Maroñas, e polo empresario lousamiano Santiago García Rial, quen destacaron que durante esa xornada todos os que se acheguen pola Taberna-Café A do Panadeiro recibirán coa súa consumición unha tapa cunha base de setas.

María José Maroñas indicou que esta iniciativa xurde para promover o sector hostaleiro do municipio, coincidindo tamén coa tempada dun produto característico dos nosos montes como son os níscalos. “Propuxémosllo aos hostaleiros locais e este ano imos comezar coa Taberna-Café A Do Panadeiro”, explicou María José Maroñas, quen espera que “moitos veciños e veciñas, tanto de Lousame como de localidades próximas, se animen a participar este venres nesta degustación gratuíta e iso anime tamén a que máis locais se sumen noutras iniciativas”:

Pola súa banda, Santiago García agradeceu a iniciativa do Concello de Lousame, que considerou “unha boa forma de fomentar a hostalería local”. Así mesmo, adiantou que as tapas que se poderán degustar gratuitamente este venres serán “empanada de polo con níscalos e tortilla con gambas e níscalos, que convido a probar a todos os veciños e veciñas de Lousame”. Uns pratos que serán elaborados pola súa nai e cociñeira de A do Panadeiro, María Elisa Rial.

11 de novembro de 2014 | 19:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.