A Policía Local de Vilagarcía desenvolve un programa de educación viaria para rapaces e pais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

A Policía Local de Vilagarcía amplía este ano as labores informativas e preventivas en materia se seguridade viaria cun amplo programa de actividades orientadas a nenos e rapaces de 3 a 18 anos de idades e tamén aos seus pais. O programa para Educación Infantil, Primaria ESO e Ciclos Formativos, desenvolverase ao longo de todo o curso nos 11 centros educativos do municipio. Consistirá en sesións presenciais nas aulas adaptadas ás idades do alumnado, charlas para os pais e nais e complementarase co parque móbil no que os alumnos poderán poñer en práctica o aprendido.

Un axente da Policía Local será o encargado de impartir o programa que comezou esta semana no CEIP de Vilaxoán. A cuarta e última sesión neste centro terá lugar mañá, xoves de 10:30 a 12:15 horas. Tras o parénteses de decembro, época de exames, o programa de educación viaria regresará aos colexios en xaneiro, despois das vacacións de Nadal.

Ademais do CEIP de Vilaxoán, participarán no programa os alumnos da Escola Infantil Municipal e do Vagalume; dos colexios Anexo A Lomba, Arealonga, Rosalía de Castro, Sagrada Familia, A Lomba, Piñeiriño, Rubiáns e San Francisco, así como os dos institutos Armando Cotarelo, Fermín Bouza Brey, Castro Alobre e Miguel Ángel González Estévez.

Os sesións nas aulas consistirán en explicacións verbais apoiadas con presentacións de power point, vídeos e ata cancións educativas para os máis cativos. Os contidos, temas, forma e dinámica de exposición adáptanse ás idades dos alumnos.
Os temas a abordar cos alumnos de menor idade van dende a conduta do peón á hora de circular como peón, tanto por vía urbana como interurbana, ata o coñecemento das normas de circulación, a circulación en bici pola vía pública, ou as normas de seguridade á hora de viaxar en transporte público ou privado. Os alumnos máis pequechos realizarán unha saída ás rúas da cidade para realizar un percorrido práctico de como deben comportarse como peóns.

Os alumnos de 6º curso de Primaria poderán amosar o aprendido coas prácticas que efectuarán no Parque Móbil que a Policía instalará en primavera en Fexdega. Durante quince días, os alumnos practicarán no circuíto viario as normas e comportamentos adecuados á hora de circular como peóns, como ciclistas e como condutores de karts.

En función do tramo de idade, os alumnos dos niveis educativos superiores tamén traballarán sobre a conduta dos peóns e dos ciclistas, falarán sobre a problemática dos accidentes de tráfico e as súas consecuencias, abordarán a condución responsable dun ciclomotor e tamén tocarán a problemática da combinación de alcohol ao volante así como os efectos dos medicamentos medicamentos na condución.

Co efecto de sensibilizar tamén aos pais e nais do alumnado, o axente impartirá a través das ANPAS de cada centro, charlas cos proxenitores para incidir en aspectos preventivos como os elementos de retención infantís nos vehículos, os sistemas de seguridade activa e pasiva dos coches; a nova normativa de tráfico e tamén como actuar en caso de accidentes,. Neste último punto incluiranse prácticas de primeiros auxilios básicos como a RCP (reanimación cardio pulmonar) e tamén sobre o uso do extintor.

Os alumnos de 6º curso de Primaria poderán amosar o aprendido coas prácticas que efectuarán no Parque Móbil que a Policía instalará en primavera en Fexdega. Durante quince días, os alumnos practicarán no circuíto viario as normas e comportamentos adecuados á hora de circular como peóns, como ciclistas e como condutores de karts.

20 de novembro de 2014 | 13:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.