A Policía Local de Santiago recibe da Agasp o recoñecemento ao mérito colectivo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+
O alcalde de Santiago co colectivo da Policía Local tras recibir a placa

O alcalde de Santiago co colectivo da Policía Local tras recibir a placa

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asistiu ao acto de entrega dunha placa de mérito colectivo á Policía Local de Santiago. Ao acto, celebrado na Academia Galega de Seguridade Pública, na Estrada, asistiu tamén o concelleiro de Seguridade e Mobilidade, Alejandro Sánchez-Brunete. No acto entregouse por primeira vez na historia da Agasp unha placa de mérito colectivo, que recaeu no corpo de Policía Local de Santiago polo seu traballo e dedicación na traxedia de Angrois.

Durante a cerimonia, outra integrante da Policía Local de Santiago, Patricia Vieites, recolleu un trofeo logrado dentro do V Campionato de Tiro Autonómico Policial. Ademais, 18 axentes recibiron distintivos de permanencia con motivo da súa xubilación.

4 de novembro de 2014 | 18:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.