publicidade hoxe

A Policía Local de Poio dispón dun novo vehículo financiado pola Deputación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPoioPontevedra
A-
A+
Novo coche da Policía Local de Poio

Novo coche da Policía Local de Poio

A Policía Local de Poio dispón xa dun novo vehículo facilitado pola Deputación de Pontevedra e que esta mañá foi entregado ao rexedor local, Luciano Sobral, pola deputada provincial Ana Isabel Vázquez.

O novo coche, perfectamente adaptado e equipado para as funcións propias da policía local, supuxo un investimento de 22.082,81 euros.

Trátase dun vehículo diésel, de 5 portas con gancho de remolque e rotulado e equipado cos correspondentes sistemas de iluminación e son propios da Policía Local.

A deputada Ana Isabel Vázquez amosouse convencida de que a achega da Deputación facilite á Policía local o cumprimento das súas funcións e permita mellorar a atención aos veciños, ao tempo que “dota o concello de recursos básicos para un mellor servizo aos habitantes de Poio”, algo no que tamén incidiu o alcalde da localidade.

Neste sentido, Sobral agradeceu a colaboración da Administración provincial que considerou importante “para concellos pequenos coma o noso, nos que a autonomía ás veces é pequena” e ten poucos recursos.

Así, a intención do concello é seguir renovando o parque móbil e de maquinaria do concello acolléndose para logralo aos próximos plans de investimento da Deputación.

26 de novembro de 2014 | 17:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.