A peña españolista Prone Lugo F.S. B gaña o derbi en Vilalba
Os dous equipos disputaron unha boa primeira parte, onde os plantexamentos foron totalmente diferentes, os locais saíron cunha defensa pechada en media pista e buscando rápidos contraataques, mentres que o filial do Prone buscaba con todos os sistemas posibles destruír a defensa pechada local. No minuto 7 chegaría o primeiro gol do partido, obra de Álvaro para a Pena Españolista; no minuto 13 sería Diego Fente quen lograría ampliar a distancia para os visitantes, logrando así unha renda que parecía xa inalcanzable para o Vilalba F.S., pero unha contra ben levada daríalles a posibilidade de recortar distancias no marcador, deixando o marcador en 1-2 ao descanso tras o gol de Miguilla.
A segunda parte comezou aínda coa defensa local máis pechada, así é que o filial do Prone rotaba na súa media pista e o equipo local non se atrevía a premer, pasados 6 minutos e ante a pasividade do equipo local a Peña Epsañolista íase novamente ataque, pero aconteceu o que o equipo local estaba a esperar, un balón perdido do filial do Prone orixinou unha nova contra local que Aitor aproveitaría para poñer o 2-2 no marcador, marcador que indicaba que aínda quedaban 14 minutos de xogo, pois dende ese minuto ata o último segundo do partido o Prone B dispuxo de todas as ocasións así como da posesión do balón, proba diso son os 24 tiros a porta do filial ante os 5 dos vilalbeses, pero a falta de acerto e o bo facer do porteiro local privaban á Peña Españolista de aumentar a súa vantaxe no marcador, pero no fútbol existe o dito de que “o que che quita unha semana dácho a outra”, pois no último segundo do partido Diego Fente lograría o gol que daría os tres puntos á Peña Españolista Prone Lugo F.S. B, tres puntos que unidos aos resultados da xornada permítenlle coliderar novamente a clasificación.











