A parella galega Rodríguez Estévez e Rosendo López arbitrará encontros de balonmán en Polonia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes Portada
A-
A+

Os árbitros galegos Sergio Rodríguez Estévez e Andrés Rosendo López arbitrarán en Polonia, a raíz do acordo de colaboración asinado entre a Real Federación Española de Balonmán e a de Polonia.

Desta forma, dúas parellas polacas dirixirán partidos da Asobal e División de Honra Feminina entre os días 7 e 20 de novembro (data do seu regreso ao seu país), mentres que outras dúas españolas terán a oportunidade de arbitrar encontros en Polonia. Ademais da parella galega, tamén participa no intercambio Pascual Sánchez e Luque Cabrejas.

Curiosamente, o Helvetia-BM Porriño será o primeiro partido que arbitren Krzysztof Bqk e Kamil Ciesielski o sábado 8 de novembro (17:00 horas) en Alcobendas.

6 de novembro de 2014 | 14:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.