publicidade hoxe

A padronesa “Bámbola Cafetaría” celebra o seu primeiro aniversario cunha festa solidaria

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPadrón
A-
A+

O establecemento padronés Bámbola Cafetaría (rúa Longa, 21 – B) celebrará o seu primeiro aniversario mañá venres, de 18 a 20h, cunha gran festa na que as consumicións, gratuítas, serviranse a cambio de doazóns que serán entregadas á división infantil e xuvenil da Asociación Española Contra o Cancro, a AECC Júnior.

De mestre de cerimonias exercerá o asesor barista de Cafento Víctor Couto, dúas veces Campión Barista de Galicia, quen será encargado de achegar a cultura do café de calidade ao público asistente, para o que realizará unha exhibición do cada vez máis popuar latte art, a habilidade para decorar os cafés con debuxos, disciplina na que é un verdadeiro especialista, e fará unha demostración da nova coctelería a base de café.

Víctor Couto utilizará para todos os seus preparados produtos Montecelio, a marca de calidade premium de Cafento, cuxos chocolates á cunca, Montecelio Chocolates, que eran lanzados ao mercado a semana pasada, tamén estarán presentes na celebración para axudar a combater o frío invernal. Ademais, haberá sorpresas para quen se deixen caer polo establecemento.

Sobre Cafento

Cafento é a empresa de capital español líder no sector do café, e en Galicia resulta máis coñecida polas súas marcas: Cafegal, El Gallego e El Trópico. A compañía agrupa actualmente a vinte marcas e conta cun centro de produción en Asturias, nove sedes comerciais e un persoal de máis de 400 empregados.

Entre as súas dezasete marcas de café, Cafento elaborou en 2013 ao redor de sete millóns de quilos de café. A esta produción súmanse outras liñas, como a de infusións, chocolates, bebidas frías, azucres, edulcorantes e outros complementos.

13 de novembro de 2014 | 11:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.