A obra “Xan nas Ondas” substitúe no Auditorio de Ourense á inicialmente prevista “Ketjas” este domingo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

A programación infantil do Auditorio Municipal de Ourense continúará pasado mañá, domingo, día 9 de novembro, coa representación do espectáculo “Xan das Ondas”, a cargo de Barafunda. Esta obra substitúe á inicialmente prevista, Ketjas, da mesma compañía, que non se poderá representar dado que un dos actores sufriu un accidente.

“Xan das Ondas” é un espectáculo de contacontos, acompañado de monicreques, de 50 minutos de duración, aconsellado para nenos e nenas a partir de 5 anos.

SINOPSE

Xan é un rapaz ó que lle gusta moito o mar. Unha mañá descubre que non ten ondas e parece que está moi enfermo, así que emprende unha gran aventura adentrándose no máis profundo dos océanos para descubrir por que o mar non ten ondas. Nesta viaxe Xan fará moitos amigos e coñecerá ós habitantes dos mares. ¿Conseguirá Xan salvar o mar da súa doenza?

As entradas custan 3 euros e pódense adquiri a través de www.servinova.com, e o domingo, dende 2 horas antes da función, no propio Auditorio.

7 de novembro de 2014 | 17:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.