A obra “A verdade nos espellos” gaña o XV Premio Risco de Creación Literaria
A verdade nos espellos, é o novo libro gañador do Premio Risco de Creación Literaria que organiza o Concello de Ourense. O xurado ven de resolver a obra gañadora correspondente á XV edición deste certame, que foi elixido dun total de 16 traballos presentados.
A verdade nos espellos é un libro de relatos autoría de Pablo Rubén Jorge Eyré. O xurado destacou que o contexto da literatura galega está moi ligada ao relato tal e como se manifesta neste libro que conecta coa nosa tradición literaria. Asemade subliña como foi artellando os contos, a maneira de traballar os finais, sorprendentes, ben resoltos e destaca tamén a riqueza lingüística do texto e o coidadoso dominio do idioma. Pablo Rubén Jorge Eyré (Rubén Eyré) é natural de Chantada (622697768).
O xurado desta XV Edición do Premio Risco de Creación Literaria estivo formado por:
Rubén Martínez Alonso, gañador da pasada edición
María Garrido, profesora de ensino secundario
Constantino Pazos Sobrino, profesor de ensino secundario
Ánxela Gracián, responsable editorial Sotelo Blanco
Luis Martínez Risco, representante da Fundación Vicente Risco
Premio Risco de Creación Literaria
O Concello de Ourense ven desde hai anos colaborando co Premio Risco de Creación Literaria, unha iniciativa da Fundación Vicente Risco, que ten como finalidade promover a creación literaria nun dos eidos máis amados por Vicente e Antón Risco, como o da Literatura Fantástica. Desde a edición do 2006 pasa formalmente a denominarse Premio Risco de Creación Literaria.
O galardón, que este ano acadou a súa XV edición, conta tamén coa colaboración da editorial Sotelo Blanco. É un premio de carácter anual, co fin de abranguer os diferentes campos da obra non só de quen foi veciño ilustre – Vicente Risco – senón tamén a do seu fillo, don Antón Martínez – Risco Fernández, veciños que foron desta cidade.
A obra gañadora é premiada con 6.000 € xunto coa publicación do libro.
Os premiados das diferentes edicións deste premio son:
2000 A rosa de Borges de Xosé Carlos Caneiro
2001 O Caderno de Xavier López López
2002 A embaixada do vinagre de Xosé Luís Martínez Pereiro
2003 O sangue dos camiños de Ramón Caride Ogando
2004 Deserto
2005 Un escuro rumor tralo silencio de Isidro Novo
2006 Os mércores de Fra de Zurzo Sierra Veloso
2007 Para dicir abril de Xosé Vázquez Pintor
2008 Deserto
2009 A do vinteún de Hixinio Puentes
2010 Deus xogando aos dados de Fernando Méndez
2011 Olladas de Adelaida Vidal
2012 Todos os días, de Alberto Manuel Ramos Ríos
2013 As escaleiras do gran hotel, de Rubén Martinez Alonso











