A mostra de caricaturas “Pola Cara” conmemora o XXX aniversario do Museo do Humor de Fene

Diego Calvo na inauguración da mostra
O presidente da Deputación, Diego Calvo, asistiu, xunto ao alcalde, a concelleira de Cultura e o debuxante Siro López, á inaguración da mostra “Pola Cara” no Museo do Humor de Fene e que forma parte dos actos do programa para celebrar o seu XXX aniversario.
Nesta exposición participan medio centenar de humoristas gráficos tanto galegos como españois e mesmo estranxeiros.
Durante a súa intervención, Calvo salientou a importancia do humor “nestes tempos de crise” e animou aos humoristas gráficos galegos “a seguir alegrándonos co voso traballo e a axudarnos a ver a realidade con algo máis de humor a través das tiras que publicades nos xornais”.
Ao Concello de Fene, pola súa banda, felicitoulle por manter aberto durante trinta anos o único museo español destas características.











