A Laracha contará con seis prazas na campaña de esquí da Deputación da Coruña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Laracha
A-
A+

A Deputación Provincial da Coruña vén de comunicar ao Concello da Laracha que foron outorgadas ao noso municipio seis prazas para participar na Campaña de Esquí do ano 2015.

Os rapaces nados entre os anos 2001 e 2005 (ambos inclusive) que desexen participar deben formalizar a súa preinscrición como data límite o día 19 de decembro. Entre todos os solicitantes, realizarase o sorteo das prazas que foron concecidas.

O programa desta actividade consistirá nunha estancia dunha fin de semana, do 6 ao 8 de marzo do próximo ano, no complexo de Manzaneda (Ourense). Inclúese o transporte, aloxamento, manutención e a realización dos cursiños de esquí.

27 de novembro de 2014 | 19:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.