A gastronomía galega invade os Mercados de Monforte

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonforte de Lemos
A-
A+

Esta fin de semana, días 8 e 9 de novembro, os produtos recollidos, elaborados ou envasados en Galicia serán os protagonistas dos Mercados de Monforte.

Un total de dez produtores ofrecerán embutidos tradicionais e de caza, queixos, xamóns, roscas, viño, lacóns, licores, aceite, pan, empanadas, conservas, repostería variada…, todos coa marca da calidade galega.

O Mercado Gastronomía Galega permanecerá aberto o sábado día 8 dende as 10:30 ata as 14:00 h. e de 17:00 a 20:00 h., mentres que o domingo día 9 estará aberto soamente pola mañá, de 10:30 a 14:00 h.

Os dez produtores que xa confirmaron a súa participación neste Mercado son:

Casa Neiras: embutidos tradicionais, lacóns, touciño entrefrebado…

Roscas Mari Carmen: roscas de Millán

Caza e Ibéricos: embutidos de caza, queixos Touza Vella, conservas, aceite…

Delicias da Terra: repostería, bebidas, marmeladas, conservas…

Porco celta: xamóns, chourizos e lacóns de porco celta

Repostería Luimy: pan de noces, castañas, larpeiras, madalenas, viño mencía Valcar

Queixos Víctor Rey: queixo azul de Galicia, tetilla…

Queixería Sto.André: queixo do Cebreiro

Embutidos Suarna: embutidos tradicionais de Navia de Suarna

Panadería La Luna: pan, empanadas, doces….

A organización dos mercados está pendente da confirmación doutros produtores que poderían sumarse ós xa anunciados.

5 de novembro de 2014 | 18:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.