A Galiña Azul de Marín conmemora o Día dos Dereitos do Neno recolectando material para os máis necesitados

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMarín
A-
A+

A Escola de Educación Infantil “Galiña Azul” levou a cabo unha campaña para conmemorar o 20 de Novembro, Día dos Dereitos do Neno.

Nesta campaña solicitaron ás nais e pais do alumnado, que colaborasen coa achega de elementos relacionados cos nenos, para concienciar na necesidade de compartir cos que menos teñen.

O material achegado foi xoguetes, roupa e produtos de hixiene infantil, entre outros, e por segundo ano, foron doados aos Servizos Sociais do Concello de Marín.

A concelleira de Benestar Social, Marián Sanmartín, e o Técnico de Servizos Sociais encargada de Menores, Mónica Pena, foron as responsables de facer a recollida, agradecendo a tarefa dos docentes neste proxecto e o esforzo das familias, que sen dúbida, realizarían para que esta campaña sexa un éxito.  

20 de novembro de 2014 | 17:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.