A Fundación Azkar logra 201 kgs. de arroz para o banco de alimentos
A Fundación Azkar acaba de facer o donativo de 201 kgs de arroz para a Gran Recollida de Alimentos que está a organizar o Banco de Alimentos a nivel nacional.
A iniciativa que mobilizou principalmente os alumnos da Escola de Fútbol Sala Terra logrou o seu obxectivo de chegar aos 200 kgs de arroz no día de hoxe un camión de Transportes Azkar achegou ao almacén da delegación de Lugo do Banco de Alimentos a totalidade dos 201 kgs recollidos e que agora poderán ser destinados ás familias máis necesitadas.











