A Fundación Azkar crea un “Espazo Solidario”
A Fundación Azkar acaba de crear un “Espazo Solidario” nas súas instalacións do Centro Deportivo Terra (Rúa da Terra Nº96, O Ceao). Este espazo estará destinado a que entidades e organizacións sen ánimo de lucro dean a coñecer as súas iniciativas, actividades e, o labor que levan a cabo, a todos os usuarios das nosas instalación.
Este espazo está situado no acceso ás bancadas do Polideportivo Terra un lugar moi concorrido a diario polos xogadores da Escola Terra e os seus acompañantes.
O uso pódese facer, ben deixando folletos e carteis informativos tanto no taboleiro coma na mesa informativa compartíndoo todas as entidades, ou ben poden reservar o seu uso en exclusiva para os sábados en horario de 10:00 a 13:00 horas, horario no cal se celebran partidos do Deporte Escolar de Lugo. Nestas xornadas as instalacións teñen ao redor de 800 visitantes que veñen a presenciar os partidos ao longo da mañá. Ademais, polas tardes do sábado e domingo tamén se disputan partidos de competicións escolares e autonómicas, así como a rotación habitual de persoas durante a semana debido aos adestramentos da Escola Terra.
Aquí as entidades poden ademais de promoverse, facer campañas de recadación de fondos ou poñer á venda produtos solidarios, lotaría… etc.
Todas estas accións serán promovidas tamén a través dos medios de comunicación dos que a Fundación Azkar dispón.
As entidades interesadas en dispoñer deste espazo de forma gratuita poden solicitalo ao correo electrónico info@fundacionazkar.org, presentado o uso que desexan facer do devandito espazo.











