publicidade hoxe

A falta dunha xornada Echegoyen e Betanzos xa son líderes do Intergaláctico de Brasil

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaSanxenxo
A-
A+

Brillante actuación do Equipo Olímpico da Real Federación Española de Vela en Río de Janeiro onde se atopa disputando estes días o Intergaláctico para as clases FX Feminino e 49er Masculino.

Na primeira das modalidades, o tándem da galega Támara Echegoyen e a cántabra Berta Betanzos (Movistar) RCN Sanxenxo/RCM Santander, colocouse líder da xeral da regata brasileira, tras outras tres mangas disputadas na terceira xornada. Curiosamente, a primeira das mangas do día non puideron finalizala, aplicando o descarte a esta manga. Con todo as dúas restantes foron decisivas para facerse co ouro provisional, rexistrando un primeiro e un terceiro parciais, respectivamente. Mandan na xeral con 27 puntos, a 8 das ata hoxe líderes, as danesas Jena Mai Hansen e Katja Salskou-Iversen, que agora son segundas.

Federico e Arturo Alonso (El Gaitero) do Real Club Astur de Regatas tamén experimentaron unha considerable xornada, ao ascender ata o cuarto posto, desde o oitavo no que se atopaban. Os seus parciais foron de 3-7-11, situándose agora na listaxe do 49er con 60 puntos.

Carlos e Antón Paz (Deporte Galego-Dip. Pontevedra-Zhik-Cousin) do Liceo Casino de Vilagarcía, tamén executaron un gran día de regata na clase 49er Masculino, ascendendo un posto na global, con dous bos últimos parciais, onde foron quintos e sextos, tras terse que retirar na primeira manga debido a un incidente cun dos barcos franceses.

Nas dúas seguintes mangas conseguimos facer boas saídas navegando con vento libre e acertando en bastantes decisións o que nos posibilitou pelexar na cabeza da flota finalizando 5º e 6º. Con estes postos colocámonos no posto 11 da xeral a falta do tres mangas que se farán mañá”, comentaba Antón.

Á fronte seguen os neozelandeses Peter Burling e Blair Tuke, con 15 puntos.

14 de novembro de 2014 | 14:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.