publicidade hoxe

A Escola para pais e nais de Oleiros orientará a partir de xaneiro en temas complexos da educación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOleiros
A-
A+

Dentro do programa de educación para a saúde e prevención de adiccións do Concello de Oleiros, a Concellería de Ensino e Xuventude organiza unha nova edición de Escolas de Pais e Nais co obxectivo fundamental de orientar as familias na educación dos seus fillos e fillas. Este servizo de asesoramento orienta en temas tan complexos como son as distintas etapas dos rapaces e rapazas, a transmisión de valores ou as normas e límites.

As dúas escolas terán lugar no Centro Municipal de Formación en horario de 19 a 21horas desde mediados do próximo mes de xaneiro ata finais do próximo maio. Todas as persoas interesadas terían que inscribir no Centro de Información Xuvenil, A Fábrica, chamando ao 981636598 ou ben c.xuventude@oleiros.org. Trátase dunha iniciativa que está ter moi boa acollida entre os país e nais de escolares do municipio. Na pasa edición contou cunha altísima participación que superou as expectativas dos técnicos municipais.

11 de novembro de 2014 | 18:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.