A Escola Municipal de Música de Vilagarcía estrea a caldeira de biomasa coa que aforrará 3.000 euros ao ano
A Escola de Música de Vilagarcía fai fronte á chegada do frío cun novo sistema de calefacción. Hoxe mesmo ponse en funcionamento a caldeira de biomasa que se vén de instalar no marco das medidas de aforro e eficiencia enerxética que está adoptando o Concello dende hai un tempo. A caldeira permite prescindir do gasóleo, que se utilizaba ata o de agora para quentar as dependencias, xa que o sistema aliméntase mediante a combustión de pellest (virutas de madeira prensadas). Isto suporá un aforro no gasto de combustible de entre 3.000 e 3.500 euros ao ano.
A instalación da caldeira de calefacción alimentada a biomasa precisou dun investimento de 20.047 euro cofinanciado nun 80% cunha subvención do INEGA con fondos europeos, e no 20% restante coa achega do Concello. A caldeira é de aceiro, ten unha potencia de 70 quilovatios e leva sistema de control dixital e función automática de acendido e apagado. A alimentación e a regulación faise a través de carga automática e conta cun silo de alimentación de 1 tonelada de capacidade.
As dependencias da Escola Bernardo del Río quentábanse ata o ano pasado mediante unha caldeira de calefacción que funcionaba a gasóleo. O gasto anual pola compra do combustible ascendía a 6.000 euros, unha suma que co uso do pellest, un combustible moita máis barato, poderá rebaixarse ata os 3.000 ou 3.500 euros por temporada.
Está é a primeira caldeira de biocombustible que instala o Concello, neste caso de biomasa, polo que funcionará a modo de experiencia piloto para comprobar a súa eficacia e o aforro que supón en gasto de combustible. Si o resultado é o esperado, continuaríanse apostando por este tipo de sistemas máis baratos e ecolóxicos.
A concelleira de Educación, Rocío Llovo, visitará esta tarde á Escola Municipal de Música para comprobar o resultado da posta en marcha da caldeira de biomasa. A visita comezará ás 17:30 horas.











