A Deputación de Pontevedra remata as obras de acondicionamento do aparcadoiro do Hospital do Salnés
A Deputación de Pontevedra rematou as obras de acondicionamento do aparcadoiro provisional do Hospital Comarcal do Salnés despois de que as fortes choivas dos últimos días provocasen danos, especialmente na área central da parcela, que concentra a maioría das manobras dos vehículos.
O Parque de Maquinaria da Administración provincial iniciou o luns os traballos, que se desenvolveron ó longo desa xornada e durante o día de onte, quedando hoxe completamente rematados.
Achanzouse o terreo, compactouse e dotouse dunha nova capa de firme, procedente de material de préstamo e convenientemente compactado. Desta forma os pacientes e as persoas que se achegan a este centro hospitalario dispoñen xa dun aparcadoiro en condicións.
Nos labores de acondicionamento foi preciso utilizar unha motoniveladora, un rolo compactador, unha retropá e un camión de dobre tracción para o transporte de material de préstamo.











