A Deputación de Pontevedra inicia a pavimentación da estrada Alto da Cruz-Santeles

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA EstradaPontevedra
A-
A+

A Deputación de Pontevedra inicia mañá as obras de pavimentación da estrada provincial 7004 que une o Alto da Cruz con Santeles, no concello de A Estrada.

Os traballos obrigarán a cortar o tráfico entre o enlace desta estrada coa N-640 (PK. 0+000) e o seu remate na intersección coa PO-841 (PK. 3+700) mentres a empresa COVSA, adxudicataria dos traballos, estea executando os mesmos.

Os cortes realizaranse desde as 8,30 h. ata as 13,00 e desde as 14,30 ata 19,00, desde mañá, 25 de novembro, e ata o xoves 27.

Con estas obras, a Deputación Provincial pretende mellorar a seguridade viaria na zona e corrixir as deficiencias que presentaba o vial. Para iso, procedeuse á limpeza de ambas as marxes da estrada e agora realizaranse as labores de pavimentación, dotando a calzada dun rego de adherencia con emulsión bituminosa e unha nova capa de rodadura en bituminosa en quente. Unha vez rematados estes traballos realizarase a sinalización da mesma.

O orzamento dos traballos ascende a 215.000 euros.

24 de novembro de 2014 | 17:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.