A Deputación de Pontevedra concédelle 221.000 euros ó Concello de Mos para o arranxo de estradas locais en Sanguiñeda e Cela
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou, na súa sesión do venres, concederlle 221.564 € ó Concello de Mos para dúas obras de mellora en estradas locais das parroquias de Sanguiñeda e Cela.
A primeira delas, na parroquia de Sanguiñeda, consistirá na reforma da glorieta das Angustias, no lugar de Costilleta. O traballo representará un investimento de 118.000 € e ten un prazo de execución de tres meses.
O segundo dos traballos, con cargo á axuda concedida pola institución provincial, será a reparación e mellora do firme da estrada Generoso Domínguez, no lugar de Coto, na parroquia de Cela. A subvención concedida neste caso foi de 103.564 € e o prazo de execución de dous meses e medio.
Ambos os traballos están incluídos no Plan de Infraestruturas Municipais











