A Deputación de Pontevedra concede 70.000 euros á asociación Ruta do Viño Rías Baixas para o seu plan de actuacións

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

A Deputación de Pontevedra concedeulle unha axuda de 70.000 euros á Asociación da Ruta do Viño Rías Baixas para levar a cabo o plan de actuacións desta entidade.

A Ruta do Viño Rías Baixas é unha proposta turística que invita a descubrir o patrimonio do viño da DO Rías Baixas. Ofrece múltiples actividades e servicios turísticos. co obxectivo de ofrecerlles ós visitantes unha experiencia completa e de calidade e fomentar o desenvolvemento do territorio.

O ámbito de influencia da asociación abarca 4 das 5 subzonas da DO: as comarcas do Salnés, O Rosal, Ribeira do Ulla e Condado do Tea. Non ofrecen un itinerario ríxido ou preestablecido senón que é o propio visitante quen o define ó seu gusto.

No Salnés a ruta inclúe os concellos de Caldas, Cambados, O Grove, Meaño, Meis, Ribadumia, Sanxenxo, Vilanova e Vilagarcía de Arousa. Na comarca do Rosal, os concellos da Guarda, O Rosal e Tomiño. No Condado do Tea abarca Salvaterra de Miño, As Neves e Arbo, e na Ribeira do Ulla inclúe o concello coruñés de Vedra.

A Asociación está integrada por 106 entidades, públicas e privadas, aínda que hai varias solicitudes de adhesión en trámite.

Os visitantes da Ruta poden gozar de 55 entidades enolóxicas (adegas, enotecas e destilerías); 23 empresas turísticas: hoteis e restaurantes; unha axencia de viaxes; un guía especializado; seis museos e 19 entes públicos (entre eles, concellos, o propio Consello Regulador e a sede de Turismo Rias Baixas).

Durante o ano 2014 desenvolveron as seguintes actividades:

1.- Actividades de promoción enoturísticas:

Ruta en kaiak:  descenso polo Umia e visita a unha adega
Ioga entre viñedos: Sesión de ioga con visita a unha adega
Bus do viño: todos os sábados de agosto a outubro
Curso de fotografía na vendima (con Xurxo Lobato)
Vive a vendima: actividade na que se coñecerá todo o proceso de elaboración
Bici en familia: ruta en bici entre viñedos e adegas
Concurso de cata amateur: Día Europeo do Enoturismo

2.- Actividades para socios da Ruta:

Viaxe de intercambio entre rutas coa do Ribera del Duero
De viños coa ruta: 2 xornadas formativas
Sinerxías entre asociados: visita a unha adega para crea sinerxías

3.- Promoción da Ruta:

Visita da revista británica Decanter
Visita de periodistas chineses para promover a enogastronomía
Visita da agencia de viaxes rusa Vinotur.ru para crear paquetes turísticos enfocados ó mundo do viño

4.- Material de promoción:

Folletos de promoción das subzonas. Merchandising. Vídeo de promoción da Ruta. Sinalización de locais adheridos á Ruta

21 de novembro de 2014 | 17:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.