A Deputación de Ourense destina 600.000 euros para infraestruturas culturais e deportivas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

A xunta de Goberno da Deputación de Ourense, presidida por Manuel Baltar, resolveu hoxe destinar un total de 600.000 euros a concellos da provincia de Ourense para a execución de infraestruturas deportivas e culturais correspondentes ao exercicio 2014. Destas subvencións, todas en concorrencia competitiva, segundo estipula a ordenanza xeral de subvencións da Deputación de Ourense, serán beneficiarios 64 concellos no que atinxe ás infraestruturas en materia deportiva e 49 municipios no que se refire ás infraestruturas culturais.

7 de novembro de 2014 | 16:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.