publicidade hoxe

A Deputación da Coruña procede á limpeza de bordillos e taludes na estrada do Roxal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaNeda
A-
A+

Tras as xestións realizadas polo Concello ante a Deputación provincial da Coruña, o ente provincial levaba a cabo a pasada semana os traballos de limpeza da estrada que une A Mourela co Roxal. Unha vía, a CP 5503, de titularidade provincial na que se procedeu á retirada da maleza de bordillos e taludes ubicados a ambos marxes. As tarefas desenvolvéronse entre o Pazo de Isabel II e a saída á Muchiqueira, un treito duns catro quilómetros nos que actuaron os operarios ao longo da pasada semana.

17 de novembro de 2014 | 12:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.