A Deputación da Coruña destina 550.000 euros a proxectos de ambiente en 82 concellos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

O Boletín Oficial da Provincial publica hoxe a relación de proxectos que financiará a Deputación da Coruña dentro dun novo plan creado para a realización de obras relacionadas co medio nos 82 concellos menores de 20.000 habitantes.

O plan conta cun orzamento de 550.000 euros e servirá para financiar, entre outras obras, a instalación dun sistema de calefacción con biomasa no local social de Lañas, no Concello da Baña, a reparación de parques infantís e circuítos biosaudables en Abegondo, a adquisición de papeleiras e colectores en Arzúa, a adecuación do campo de fútbol de Freán en Carnota ou a creación dun horto urbano, ecolóxico e comunitario na contorna de Tarrío-Perlío en Fene.

O Concello de Oza-Cesuras, como é habitual nas concesións de axudas da Deputación da Coruña, recibirá máis cartos que o resto dos concellos, xa que así o establecen as bases das convocatorias que se publican desde que tivo lugar a fusión dos dous municipios. 

18 de novembro de 2014 | 20:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.