publicidade hoxe

A Deputación da Coruña corrobora o seu compromiso coa Casa da Cultura de Cee

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCee
A-
A+
Europa Press

O presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, vén de asinar catro convenios de colaboración coa alcaldesa de Cee, Zaira Rodríguez, para emprender melloras no municipio por valor de 131.433 euros.

Entre eles inclúese a última achega, de 27.284,25 euros, para a Casa da Cultura. Con este orzamento adecuaranse as oficinas da entreplanta segunda incluíndo traballos de carpintería, pintura, instalación eléctrica e fontanería. Así, o investimento da Deputación nesta infraestrutura, que chega aos 3.000 metros cadrados útiles e conta cun auditorio para 500 persoas, supera xa os 350.000 euros.

Outro dos acordos asinados permitirá a construción dun parque infantil no paseo marítimo de Cee. O orzamento ascende a 49.898,55 euros, subministrados en solitario pola institución provincial para a instalación de xogos infantís para nenos dende os 6 meses ata os 12 anos, que ademais tamén estarán adaptados para os pequenos con problemas de mobilidade. Así, incluiranse ramplas, casetas e unha pirámide tridimensional de cordas.

Ademais, a obra inclúe pavimentación diferenciada da contorna, entre o caucho da zona de xogos e a tarima de madeira e céspede para a zona de paseo.

Mellora de estradas

Diego Calvo tamén asinou con Zaira Rodríguez un convenio polo que se destinarán 43.517,17 euros ás obras de acondicionamento na maioría das rúas interiores de Berroxe. Vaise substituír o pavimento e os sumidoiros en mal estado para revalorizar este núcleo rural.

Para completar este paquete de reformas, retirarase un coñecido tapón urbanístico no centro de Cee. Trátase da rúa Estatuto de Autonomía de Galicia, que ata o de agora non estaba completada. Grazas a unha achega provincial de 10.733,03 euros, poderá completarse a súa pavimentación e posterior inclusión no urbanismo municipal.

10 de novembro de 2014 | 17:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.