A D.O. Rías Baixas leva a súa cata das anadas por primeira vez a Madrid
A Denominación de Orixe Rías Baixas celebra este xoves 27 de novembro a quinta edición da súa Cata das Anadas. Por primeira vez, o evento terá lugar en Madrid, en concreto no Hotel Villa Real. Con esta iniciativa, o Consello Regulador aposta novamente por mostrar as posibilidades de garda dos viños da denominación e o potencial enolóxico das variedades amparadas por Rías Baixas.
Nesta cata, que ten carácter bienal, participarán 50 adegas da D.O. Rías Baixas cun total de 95 mostras de viños das anadas 2012 e anteriores. Contará cun panel de cata formado para a ocasión por 26 expertos, dos que 11 son xornalistas especializados en viños, 4 son responsables de compras de diversas empresas, e os outros 11 son catadores de prestixiosos establecementos do sector da restauración e a hostalaría. A Unión Española de Catadores (UEC) encargouse do desenvolvemento do evento.
Como novidade, pola tarde (17:30-22:00 horas) o Consello Regulador organiza un Túnel das Anadas, no que os asistentes poderán probar todos os viños que participan na cata. Celebrarase tamén no Hotel Villa Real. Esta acción pretende trasladar ao consumidor as virtudes dos Rías Baixas de colleitas anteriores, xa que tradicionalmente tendeuse a valorar só a máis recente.











