A Coruña renova os distintivos das bandeiras Ecoplayas 2014

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal Portada
A-
A+

O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Medio Ambiente que dirixe Enrique Salvador, informa de que a cidade renovou o galardón de Bandeiras Ecoplayas que cada ano outorga a Asociación Técnica para a Xestión de Residuos, Aseo Urbano e Medio Ambiente. En concreto, catro areais do municipio recibiron esta distinción no marco do XVI Congreso e Exposición Internacional de Praias, celebrado no Museo Marítimo Ría de Bilbao.

As catro praias que foron merecedoras de renovar o galardón son San Amaro, Riazor – Orzán – Matadoiro, Oza e As Lapas. Ante a existencia de numerosas certificacións de distinta índole que poden obter os areais, estes premios supoñen un intento de valorar o conxunto das súas características e galardoar ás mellores praias e entidades supramunicipais de cada rexión española. Así, a través dun estrito sistema de información e avaliación, galardóanse as praias que se distinguen pola súa calidade desde o punto de vista ambiental, por unha sustentabilidade especialmente alta, promovendo deste xeito a excelencia no deseño, o equipamento e o mantemento do gran activo que constitúen as praias españolas. Para iso, ademais de criterios turísticos, tivéronse en conta criterios concretos e fáciles de documentar, demostrar e avaliar, sempre desde o punto de vista da enxeñaría e a sustentabilidade de praias.

A área de Medio Ambiente tamén ten implantado un sistema de xestión ambiental segundo a norma internacional ISO 14001, reflexo do seu compromiso de sustentabilidade e mellora continua. Un sistema que hoxe en día abarca un rango moi amplo de actividades e que foi concibido para velar pola correcta xestión das principais praias do termo municipal, contemplando aspectos como a recollida de residuos nestes espazos, a súa limpeza, o mantemento das infraestruturas que levan asociadas, o control de calidade das súas augas, o control das actividades e espectáculos que levan a cabo nestes espazos ou a resposta ante situacións de emerxencia.

11 de novembro de 2014 | 10:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.