A Coruña e Oporto asinan un protocolo conxunto para a rexeneración urbana dos seus barrios

O alcalde de O Porto xunto ao seu homólogo da Coruña
O alcalde da Coruña, Carlos Negreira, e o seu homólogo de Oporto, Rui Moreira, asinaron un protocolo para o deseño de tres proxectos conxuntos de cara a tres convocatorias europeas que se producirá entre xaneiro e maio de 2015 “e que poderían supoñer 75 millóns de euros de financiamento”, informa o goberno local coruñés.
Ademais, ambas as dúas cidades acordaron cooperar no ámbito cultural cun proxecto para o a xeración, captación e intercambio de talento.
“Estes novos pasos forman parte do encontro de traballo que, durante estes dous días, se celebrou na cidade portuguesa como continuación á alianza estratéxica selada o pasado mes de marzo deste ano na Coruña”, engade a Casa do concello coruñés.
O principal proxecto estará baseado en captar fondos europeos para a rexeneración de tes barrios das dúas cidades, “que comparten problemáticas ao ser construídos nas décadas dos 50 e dos 60 do século pasado”, precisa.
Os outros dous proxectos desenvolveranse intercambiando experiencias no ‘ámbito smart’ das dúas cidades. As dúas buscarán un terceiro socio internacional, para desenvolver os proxectos que optarán aos fondos europeos nesta área, centrada nas novas tecnoloxías.











