publicidade hoxe

A construcción da pasarela peatonal sobre o río Belelle finalizará en quince días

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

O alcalde de Neda, Ignacio Cabezón Lorenzo, e o enxeñeiro xefe da Demarcación de Costas en Galicia, José Carlos Gil, realizaron esta mañá unha visita de supervisión ás obras de construcción da pasarela peatonal sobre o río Belelle. Unha intervención valorada en 110.000 euros que cofinancian Deputación provincial da Coruña (nun 80%) e Concello de Neda (nun 20%). Os traballos avanzan segundo o previsto e, segundo as estimacións oficiais, poderían estar rematados nos próximos quince días. A pasarela de madeira en construcción sobrevoará a desembocadura do río Belelle, unindo as parroquias de Santa María e San Nicolás. Ata 24 metros de pasarela e 40 metros de senda sobre 40 pivotes, ocupando unha superficie duns 190 metros cadrados.

Ampliaráse deste xeito a zona de paseo dos veciños e veciñas. Así mesmo, no transcurso da visita realizada esta mañá, o alcalde, Ignacio Cabezón, tamén lle trasladou a Costas a necesidade de completar agora esta actuación con dúas intervencións máis como son a sustitución da barandilla ubicada na zona de San Nicolás –en Subarreiros– e tamén a delimitación do paseo peatonal nesa beira do río Belelle. No primeiro caso, a infraestructura, actualmente en cemento, atópase nun avanzado estado de deterioro que fai preciso a renovación. O alcalde propón neste punto a colocación doutra barandilla con materiais acordes ao entorno.

No segundo, trataríase de marcar a senda peatonal, duns 160 metros, que discorre entre a entrada á pasarela e a desembocadura do Belelle. Actuacións que o enxeñeiro xefe se comprometeu a trasladar ao xefe da Demarcación, Rafael Eimil, co ánimo de estudar a súa viabilidade. En todo caso, intervencións moi positivas dende o punto de vista técnico.

18 de novembro de 2014 | 19:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.