A Consellería de Cultura participa na presentación do Especial CompHostelería ‘Do womex ao mes do cine e das tapas’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSantiago de Compostela
A-
A+
Valentín García na presentación. Foto: X. Crespo

Valentín García na presentación. Foto: X. Crespo

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou esta mañá no acto de presentación do novo número especial de CompHostelería “Do Womex ao mes do cine e das tapas”. A publicación promóvea Hostalería Compostela, asociación coa que colabora a Xunta de Galicia para impulsar o uso do galego no sector empresarial e hostaleiro. No acto, que tivo lugar na Pilgrim House, participaron tamén o rexedor compostelán, Agustín Hernández, e o xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez.

25 de novembro de 2014 | 18:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.