publicidade hoxe

A Consellería de Benestar estudará a ampliación da escola infantil de Oia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOia
A-
A+
Beatriz Mato na reunión co alcalde de Oia. Foto: C. Paz

Beatriz Mato na reunión co alcalde de Oia. Foto: C. Paz

A Consellería de Traballo e Benestar, a través do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, estudará a posible ampliación da escola infantil de Oia, que na actualidade conta con 39 prazas divididas en 3 unidades.

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, mantivo hoxe en Santiago un encontro co alcalde da localidade pontevedresa, Alejandro Rodríguez, no que falaron de diversas actuacións de interese para Oia.

Entre elas destaca a ampliación desta escola, que conta cun andar superior que na actualidade non se está a utilizar e para o que se vai estudar a posible utilización como parte desta escola.

11 de novembro de 2014 | 16:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.