A concesionaria da inspección de coches en Galicia presentou denuncia por irregularidades en Arteixo en xaneiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaArteixoLocal Portada
A-
A+
Europa Press

A empresa Supervisión e Control, concesionaria do servizo de inspección técnica de vehículos en Galicia, emprendeu en xaneiro “accións disciplinarias internas” e presentou denuncia ante as “irregularidades” que detectou na estación de ITV de Sabón, en Arteixo (A Coruña), segundo informa.

Como resultado da investigación aberta, a Garda Civil, a través da Agrupación de Tráfico, imputou 20 persoas, entre técnicos das ITV, empresarios e condutores por unha suposta trama que falsificaba os informes das inspeccións de vehículos.

Nun comunicado, a empresa Supervisión e Control indica que iniciou accións disciplinarias no caso dos traballadores que presuntamente cometeron as irregularidades, procedendo tamén ao seu despedimento, ademais de informar o comité de empresa. Tamén se puxo en contacto cos propietarios dos vehículos afectados “para verificar a inspección”, engade.

EFICACIA

Por outra banda, indica que “a detección destas irregularidades no marco dun proceso rutineiro pon de manifesto a eficacia dos sistemas de seguimento e control”, sinala en relación ás inspeccións que realiza cada ano nas súas 23 estacións fixas e 10 móbiles.

A partir da denuncia interposta no pasado mes de abril os axentes do Grupo de Información da Agrupación de Tráfico (GIAT) iniciaron unha investigación que foi denominada ‘Operación Segunda’.

25 de novembro de 2014 | 18:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.