A CIG considera que Currás tiña que dimitir antes para aforrarlle o bochorno ao Concello de Santiago
O responsable da sección sindical da CIG no Concello de Santiago, Xavier Picón, reprochou ao exalcalde popular Ángel Currás que “tiña que dimitir antes” e así “aforrar este bochorno” á Casa do concello compostelano.
“Non mereciamos isto”, aseverou este voceiro coincidindo cunha comparecencia de prensa sobre o plan de axuste e preguntado polos medios de comunicación acerca da renuncia de Currás á súa acta como concelleiro, que se produciu este luns.
Para Picón, de feito, “para esta viaxe non facían falta estas alforxas”, e Currás debía deixar a corporación “antes” para evitar o “bochorno” aos cidadáns.











