A CEP pacta rebaixas de tipos e tarifas para os seus asociados en produtos financeiros do Banco Pastor

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

As asociacións empresariais e as empresas adscritas á Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP), gozan a partir de hoxe, dun trato preferente á hora de negociar produtos financeiros co Banco Pastor.

Grazas ao convenio de colaboración asinado, as empresas poden beneficiarse da modificación de tipo de interese fixo máximo para novas contratacións de conta de crédito.

Ademais, rebáixanse á metade as comisións de formalización e risco dos avais, para as novas contratacións. Igualmente, os créditos documentarios que se subscriban a apartir de agora obterán rebaixas nos tipos de interese destinados a anticipos de exportación en euros e nas comisións. Tamén se incorporan tarifas especiais para os produtos Factoring e Confirming Popular.

Isto é posible grazas a que o presidente da CEP, Luís Novoa, asinou esta mañá un convenio co Banco Pastor, en cuxo nome participaron Anibal García García (Director Rexional de Vigo) e do Banco Popular José María Arce Vallina (Director Rexional de Galicia).

De acordo co texto do convenio, o obxectivo tanto da CEP como do Banco Pastor é “actualizar a oferta comercial do Convenio para que sirva así de apoio eficaz á contorna empresarial da provincia de Pontevedra nestes momentos de recuperación económica, adaptando a oferta de produtos e servizos”.

Tamén asistiu ao acto o director de Empresas do Banco Pastor, Miguel Anxo Méndez Magán,quen intercambiou impresións e propostas para a organización conxunta de eventos.

12 de novembro de 2014 | 19:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.