A CEO acolle unha sesión de “adestramento para internacionalizar a empresa”
O adestramento é básico para que as cousas saian ben, e para internacionalizarse é case imprescindible levar a cabo esta preparación previa. Por iso, dentro da semana que a CEO dedica a esta actividade, hai cabida tamén para unha xornada na que aprender os pasos previos e ese adestramento necesario para situar os produtos ou servizos máis aló das nosas fronteiras.
A sesión “Unha primeira experiencia no exterior”, terá lugar mañá, mércores 26 de novembro, a partir das 16:30 horas na CEO e contará coa presenza de expertos en temas de internacionalización que porán sobre a mesa tanto os obstáculos como as ferramentas á hora de levar a cabo a saída ao exterior, baseándose en exemplos prácticos e casos concretos.











