publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Casa da Cultura de Neda acollerá a representación teatral “O Feo” a cargo de “Catrocadeiras”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

A Casa da Cultura de Neda acollerá este venres, 28 de novembro, a representación teatral “O Feo”, da compañía “Catrocadeiras”. A función dará comezo ás 20,30 horas, con entradas ao prezo único de dous euros, e inclúese no ciclo Tempo para o Teatro, que promove a Deputación provincial da Coruña en colaboración co Concello.

“Catrocadeiras” é unha compañía de teatro de nova creación composta por xente formada na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia e na Escola de Teatro de Mar Navarro e Andrés Hernández de Madrid. “O Feo” é a súa primeira montaxe. Do autor alemán Marius Von Mayenburg. Conta a historia de Lette, un home que traballa duro como enxeñeiro e que goza dunha vida apacible e sen sobresaltos… ata que un día descobre unha terrible verdade: é espantosamente feo. Unha comedia divertida e mordaz, crítica coa nosa sociedade. Unha sociedade na que se confunde o “ser” co “parecer”.

26 de novembro de 2014 | 11:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.