publicidade hoxe

A Casa da Cultura de Neda acolle a función teatral “A Ratoeira”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioNeda
A-
A+

A Casa da Cultura acollerá este sábado, 15 de novembro, unha nova función teatral. Nesta ocasión, “O Aturuxo de Melpómene” trae a Neda a súa obra “A Ratoeira” de Agatha Christie. Narra a historia da Casa Grande do Pozo dos Monxes, que abre as súas portas aos primeiros hóspedes, ao tempo que a radio informa da posibilidade de quedar illados pola neve. Esta chega e, con ela, un crime por resolver. A representación inclúese no ciclo “Tempo para o Teatro”, que promove a Deputación provincial da Coruña en colaboración co Concello de Neda. Dará comezo ás 20,30 horas e o prezo das entradas é de dous euros.

14 de novembro de 2014 | 11:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.