A Cañiza acolle unha charla sobre a perda de memoria nos maiores
A conferencia impartirase ás 18h00 nas instalacións do novo Centro de Día Anxo, situado na pranta baixa do Edificio Multiusos de A Cañiza e está dirixida a todos os públicos. A entrada será gratuita.
Olvidos, perda de memoria e demencias dos maiores son algúns dos temas que se tratarán o vindeiro 27 de novembro así como as pautas para detectar estas conductas, cómo prevenilas, cómo axudar e sobre todo cómo tratalas.
Depois da intervención do psicólogo Rubén Muiños, encargado de impartir a conferencia, abrirase unha rolda de preguntas para que todos aqueles veciñ@s que desexen intervir, poidan ser atendidos e resolver as súas dúbidas.