publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Biblioteca Municipal de Neda acolle unha nova sesión de “Lesme un conto?”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

O espazo infantil da Biblioteca Municipal de Neda acolle mañá mércores unha nova sesión do programa de fomento da lectura “Lesme un conto?”. Dirixido ás familias, dará comezo ás 18 horas con entrada libre e sen necesidade de inscripción previa. A través do mesmo, e baixo a dirección da animadora sociocultural de Neda, nenos e nenas len e abordan relatos infantís en compaña dos seus pais, nais, avós ou avoas. O programa forma parte da programación cultural anual deseñada polo Concello a través da súa Concellería de Cultura e Educación.

11 de novembro de 2014 | 10:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.